Nadal lúdico 17/18

Este proxecto, ao que chamamos “Exploramos os nosos talentos” ten como finalidade central traballar as EMOCIÓNS, a través do autocoñecemento “como es Ti?”. En definitiva, traballar o AUTOCONCEPTO e AUTOESTIMA para descubrir os talentos ocultos de cada un de nós e facelos brillar como persoas e como membros dunha sociedade.

Este proxecto tamén conta cunha segunda parte centrada nos ESTEREOTIPOS. A nosa sociedade crea unha serie de estereotipos que nos impiden crecer como persoas e como grupo: “… é que somos así”, “… a vergoña do galego”. Estas son frases REACTIVAS que nos impiden avanzar e aplacan o espírito emprendedor e resolutivo. A través dos persoeiros con Talento galego trataremos de romper con estereotipos vendo que GALICIA TAMÉN TEN TALENTO.

¿As cousas teñen ilusión ou somos nós que poñemos ilusión nas cousas?

A ilusión é un ingrediente co que damos sabor á vida. E cando estamos ilusionados, préndenos o entusiasmo…. Un entusiasmo e motivación que nos axuda a saír adiante no noso día a día.

Para acompañarnos contamos coa axuda de “Candela”, unha famosa montañeira que nos guiará ao longo desta viaxe. Experta en SUPERVIVENCIA, esta exploradora ofreceranos recursos para superar os medos nas situacións máis difíciles. Cada día ofrecerá aos nenos e nenas un INGREDIENTE DO DÍA valioso para acadar os seus obxectivos: creatividade, imaxinación, resilencia… A través desta dinámica pretendemos que os nenos e nenas reflexionen sobre o significado e o valor destas palabras tan abstractas e complexas.

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>