Lara e os Marcianos

Hoxe os nenos da Escola Infantil do Milladoiro crearon o comic de “Lara e os marcianos”. Entre todos e todas decidiron que a protagonista se chamase Lara e levase unha capa coa que podía voar ata o espazo, divagaron e fantasearon sobre os planetas que visitaba a protagonista e as aventuras que lle pasaban. Para finalmente crear o comic, os nenos e nenas realizaron as viñetas e as pintaron.

 

2 comentarios en “Lara e os Marcianos”

  1. Grazas polo blog! Se non é por él non sei que fixeron o cómic porque a peque non conta nada 🙂

    Responder
    • amesludicos

      Grazas a ti pola participación, intentamos que a través do blog se vexa un pouco o que se traballa no lúdico (sempre divertíndose, por suposto!!). Xa sabes que se queres participar dalgunha maneira nas actividades ou temáticas propostas non tes máis que falalo co equipo de monitores e monitoras e propoñelo. Un saúdo!!

      Responder

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>