Tres mundos diferentes

Hoxe os nosos cativos e cativas descubriron as diferenzas que existen no mundo cunha dinámica moi divertida. Repartímonos en tres mundos: un con moitos recursos, outro con moita materia prima e outro cun pouco de todo.

A partir de aí estableceuse un trato de colaboración e intercambio para favorecer os intereses de todos. Foron moi interesantes e divertidos os tratos aos que chegaron. Para continuar deseñamos os nosos planetas ideais: as súas normas, os seus recursos, o carácter do seus habitantes, etc.

Ah! E coma sempre fixemos moitos xogos onde nos divertimos moito e descargamos un montón de enerxía!

 

2 comentarios en “Tres mundos diferentes”

  1. Parabens, paréceme unha actividade excelente. Ademais cónstame que a miña filla o pasou xenial e que a fixo reflexionar.
    Grazas polo blog!

    Responder
    • amesludicos

      Moitas grazas!! Diso se trata, a visión dos nenos e nenas é moi importante e na maioría dos casos obviamos as súas opinións e formas de ver os “problemas dos adultos” pero é moi interesante ter en conta os seus puntos de vida. Grazas de novo por participar do blog, a ver se a xente toma exemplo!!

      Responder

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>