Súbeme o entroido

O entroido xa está a rachar na Maía. O que hoxe queremos compartirvos é a que vai ser a nosa canción deste entroido no que falamos das cousas que nos importan e que nos fastidian no noso día a día. 

Comezamos falando de todas as cousas que non nos gustan e que quereriamos cambiar nas nosas rutinas: non nos gusta que nos berren, que o bus do cole dea mil voltas polas obras ou accidentes, tantos e tantos exames, os ronquidos dos e das irmás… e con este espírito crítico compuxemos unha canción sobre a música da coñecida “Súbeme la radio” de Enrique Iglesias.

Queremos compartila con todos vós para que cantedes nas vosas casas tamén:

// Retrouso //

Súbeme o entroido

que é a miña canción.

E todos estamos moi contentos!!

Colle a mochila,

imos ao cole.

Hoxe rachamos con rimas que molen!! (BIS)

// Retrouso //

 

Cando me levanto,

voume desayunar,

entro na cociña

e a lambar

A froita non me gusta,

ao colexio a disfrutar.

Os profes berran moito

e xa non podo máis.

 

// Retrouso //

 

Chegamos ao cole

e estamos moi cansados

xa a primeira hora

temos un control

E logo no comedor

outra pataca cocida

preferimos tortillas

e ketchup tamén

 

// Retrouso //

 

Logo pola noite

Eu non podo durmir

coa miña irmá roncando

eu quero fuxir (BIS)

 

// Retrouso //

 

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>