A aventura comeza

No transcurso destes tres días na escola infantil do Milladoiro achegámonos aos distintos tipos de entroido galego; o que máis lles gustou os nenos e nenas foron os xenerais do ulla, pola escenificación, as súas vestimentas, o cabalo e as coplas. Por iso, nunha asemblea, logo da lectura dun conto dos bolechas sobre o tema, decidimos escenificar o noso propio Encontro, ‘os xenerais da escola do Milladoiro’, e para isto creamos as nosas propias coplas, as cales recollimos nun vídeo. 

Por se isto non fose pouco, decidimos elaborar as nosas propias máscaras e antifaces, así como o noso propio meco. Os rapaces e rapazas, encargáronse de disfrazar e caracterizar as dúas figuras do meco con teas, perrucas, diademas… Logo, bailaron e entonaron as coplas arredor deles para culminar o entroido. 

Entre actividade e actividade amenizamos a xornada con diferentes xogos ambientados nesta época.

Deixamos aquí unha mostra da nosa propia cantiga de entroido

 

 

Que nos deparará o seguinte?

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>