Primavera lúdica

O programa de conciliación Primavera Lúdica está dirixido ás familias, empadroadas e residentes no concello de Ames, que teñan nenas ou nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. A Primavera Lúdica desenvolverase tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 15, 16, 17 e 22 de abril. Na primeira das localidades, as actividades realizaranse na Escola Infantil, na Casa da Cultura e no pavillón municipal. En Bertamiráns, as actividades levaranse a cabo nas instalacións do CEIP A Maía. 

Este ano o programa levará o nome de “Ames Got Talent: Tes talento”concurso que busca promesas en distintas disciplinas artísticas como o baile, a maxia, o humor, o canto, a poesía, etc, entre os nenos e nenas que participarán na primavera lúdica 2019.

Será unha oportunidade para que os nenos e nenas coñezan e desenvolvan habilidades e potencialidades, dun xeito lúdico e relaxado  que mostrarán o último día do lúdico a través dunha actuación de poesía, de maxia, de danza urbana, un espectáculo de fusión de distintos estilos de música, etc.

A través de diferentes dinámicas e obradoiros potenciarase a creatividade a través de creacións individuais e creacións grupais onde se traballará a autoestima, a comunicación, a cooperación e a tolerancia co fin de ter en conta e respectar os diferentes aportes dos nenos e nenas que verán un produto final que reflicta o traballo en equipo. Estas actividades están pensadas como preparación da presentación final da súa actuación final.no programa “Tes talento”.

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>