Coñecémonos

Neste lúdico de primavera descubriremos os múltiples e marabillosos talentos das nosas crianzas. Así ofreceremoslle os nosos nenos e nenas un espazo de liberdade, expresión e creatividade mediante actividades de reforzo da autoestima, desenvolvemento de roles, achegamento a novas experiencias… 

Nunha gran asemblea falamos de como nos chamamos , das cousas que se nos dan ben ; Reforzando así a nosa autoestima que ao longo do programa serán transcendentais. 

Fixemos xogos colaborativos como unha ensalada de zapatos no que uns e outros se axudaban para encontrar o seu zapato perdido.

Para iso, elaboraremos un gran mural no que cada un terá a oportunidade de recoñecer as cualidadea positivas en si mesmos a través do debuxo e , en definitiva, da expresión plástica. 

O noso obxectivo non será outro que potenciar esas características que os fan especiais . Dotandoos de recursos  artisticos, musicais e lingüísticos que lles axuden a expresar.

Todo isto acaba de comezar e sabemos que dará xogo como contido tranversal para o momento e no transcurso vital.

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>