Preparando o gran día

Partindo das calidades descubertas o primeiro día a través dos murais, os nosos pequenos artistas argallan na súa gran estelar actuación do vindeiro luns no “The great theatre” do Milladoiro.

O noso particular “Got Talent” será sorprendente pola variedade de calidades dos nosos participantes, que andan cos últimos detalles dos ensaios para poder abraiar ao noso peculiar xurado.

Agora vos deixamos debido a que andamos ultimando os derradeiros preparativos entre bambalinas.

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>