Corre corre que te pillo!!

Neste lúdico o grupo de primaria da Maía estámonos adentrando no mundo da cultura urbana a través de actividades como o graffiti, creación de regueifas de rúa, deportes alternativos…

Para todo isto comezamos constituíndo as nosas propias tribus urbanas en base aos nosos gustos e intereses comúns.

Hoxe iniciamos a mañan quentando motores cunha carreira de obstáculos simulando unha world chase tag unha carreira do pilla-pilla no que os contrincantes deben saltar polos diferentes obstáculos.

Logo de recargar enerxías na merenda expresamos a nosa creatividade facendo uns graffitis que expoñeremos mañán na festa final.

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>