Preparando agasallos

Continuamos disfrutando unha semana máis destes días de vacacións no lúdico de Nadal da Maía. Esta semana además de gozar de numerosos xogos, as nenas e nenos elaboraron un agasallo moi especial para compartir coas súas familias. Por outra banda, cada un e cada unha creou un pequeno xoguete, feito de material de refugallo, para agasallar a un dos seus compañeros ou compañeiras.

Tamén, na escola da Maía, os nenos e nenas xogaron con xogos de improvisación teatral e contacontos creados por eles.

 

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>