Rematando un ano de misterios

Nas vísperas do fin de ano, os nosos nenos e nenas da Maía tiveron unha nova mensaxe da avelaíña branca!!! Nesta ocasión solicitaban axuda para resolver un desafío para poder pasar á seguinte fase da “operación avelaíña branca: viaxando na procura dos nosos soños. Iso si, a réplica das avelaiñas negras non tardou en contestar… e non pinta moi ben a cousa, pois as moi astutas teñen asumido que non seremos quen de conseguir liberar ás avelaíñas brancas e por ende, aos nosos desexos…

Para o caso, os nenos e nenas da Maía descubriron unha palabra encriptada…Agora a ver, que pasa, teremos que esperar ao ano que vén para ver  se se pode pasar á seguinte fase desta enigmática aventura…

Tivemos o pracer de escoitar unha conmovedora historia do gran Rafael Álvarez, máis coñecido como El Brujo, e da súa man, unha nova emoción entrou na caixa das emocións, isto é, a tristeza cun “estou triste cando…”

E rematou a xornada cunha dinámica para fomentar un  autoconcepto positivo, dando como resultado unha listaxe de aspectos positivos que cada un de nós víamos nos diferentes compañeiros e compañeiras…Máis dun levouse unha fermosa sorpresa das lindas verbas que obtivo de parte dos seus iguais.

Comezaba este 31 de decembro do 2020 coa emoción da ledicia e a conseguinte asociación co mundo artístico. Os nenos e nenas da Maía quixeron compartir esas pezas musicais que lle fan SENTIR…Sen dúbida, a música estivo moi presente nesta xornada, ela foi a que nos guiou por un mundo sensorial co que preparíamos o photocall para a gran gala de fin de ano.

O baile non faltou, esas ganas de expresar o seu mundo interior a través do corpo o arte estaba por todos os recunchos da Maía…Ata a maxia fixo acto de presenza neste día especial, máis dunha crianza quixo manifestar as súas dotes nese fantástico mundo.

E por suposto, non faltaron as badaladas, neste caso, dadas as circunstancias coxunturais, fixémolas con posturas de ioga que ao longo deste Lúdico de Nadal da Maía fomos coñecendo e practicando.

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>