Neste lúdico encaixamos todas

Os ananos son diminutos seres máxicos sorprendentes non só por viviren debaixo da terra ou nas escuras covas das montañas, senón por seren grandes industriais, mineiros e artesáns, ademais de sabios. Malia o seu vigor, teñen unha gran dificultade para poder convivir connosco xa que o mundo dos humanos non está “feito” para eles… No entanto, están as cidades, as escolas ou as rúas preparadas para todas as persoas? 
Na xornada de hoxe puidemos reflexionar sobre isto e sobre algunha cuestión máis en relación á diversidade funcional, experimentando a través de xogos e circuitos algúns dos inconvenientes que deben superar no seu día cotiá moitas persoas por falta de accesibilidade. Asemade decatámonos de que, coma os seres mitolóxicos, todas as persoas temos habilidades distintas, así que tentamos descubrir os poderes de cada unha de nós plasmándonos nun debuxo. Tamén procuramos algunhas palabras sobre as que alicerzar a nosa convivencia neste lúdico e descubrimos que, malia sermos todas diferentes, aquí todas encaixamos. 

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>