Neste último día visitáronnos as fadas. Estes pequenos seres encárganse de coidar a natureza e así manter o equilibrio no medioambiente, pero non o poden facer todo elas soas. É por iso que, ademais de levalo a cabo en todos os momentos oportunos, hoxe centramos todas as nosas actividades en pór en práctica as tres erres: Reciclar, Reducir e Reutilizar.
Así, reutilizamos o cartón dunha caixa para crear un xogo do que poderemos gozar nas nosas casas, o MEMORY. Primeiro pintamos polas dúas caras o cartón, e despois debuxamos as distintas parellas nas fichas. Intentádeo nas vosas casas, é súper divertido!
Nunha das asambleas de hoxe conseguimos xuntar, entre todos e todas, un montón de ideas para reducir e poder contribuír ao coidado do medio con pequenas accións diarias.
Tamén xogamos a reciclar distintos obxectos e alimentos nos contedores correspondentes. Fixémolo moi ben e aprendimos moito!
Dános moita mágoa que remate este período, pero voltaremos.
Ata pronto!!
Comentarios recentes