3, 2, 1… música e acción!!!

Olaaaa!!!! Somos  as nenas  e os nenos do lúdico de Entroido. 

Cando chegamos, como non nos coñeciamos, presentámonos pasando unha pelota en roda. Vero comezou  e dixo que quen tivera  a pelota cando a música  deixara de soar tiña que  dicir  o seu nome máis algo que lle gustara, e así  poder coñecernos todas e todos. 

Seguimos o luns cunha búsqueda dunhas pistas que nos deixou unha persoa que  se facía chamar “O Carnavaleiro”. Estas pistas eran para atopar instrumentos (un piano cun micrófono, uns cascabeis, unha pandeireta, un xilófono e moitos máis) e facer música.

Fixemos  un experimento  con sal e cando puxemos música no altavoz a sal movíase, despois probamos a berrar preto dela e tamén se movía! Seica era polas ondas sonoras… As monitoras contáronnos que son unhas ondas invisibles  que  poden mover  cousas pequenas como a sal porque chocan e fan que vibren.

Despois xogamos ao director/a de orquestra onde unha nena ou neno saia fora mentres  o resto seguiamos os ritmos que facía  a persoa directora e o que estaba fóra tiña que  adiviñar quen era. 

Ata aquí o noso luns, a ver qe aventuras e sorpresas nos esperan mañá. Seguiremos informando….

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>