De entroidadas musicais

Este ano  chamou á porta do CEIP da Maía, un Entroido cargado de música!!! Tanto é así que dende o primeiro día, as  batukadas, sambas, melodías incitantes ao movemento rítmico e vencelladas a diferentes emocións e sensacións das nosas crianzas… están sendo os protagonistas estrela deste Lúdico.

Mais non debemos pasar por alto,  os Covidmec, singulares mecos que se encargarán de desfacerse de todos eses malos momentos que todas e todos levamos arrastrando por mor da Covid-19.

E como non? Non se fixeron de rogar os aderezzos típicos desta festividade co deseño e confeccionamento de coloridas máscaras. Así como tamén, o soado concurso de comparsas da man de charangas e bailes das crianzas.

O broche final márcao  “a queima dos Covidmec” e o enterro da sardiña, grazas aos cales poderemos aspirar a esnaquizar os devanditos malos momentos pandémicos.

 

 

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>