Para bailar e cantar (e papar) non hai mellor época co Entroido. Por iso os nenos e nenas de Ventín levamos tres días entregadas en corpo e alma á música e á danza: convertemos o pavillón nun salón de baile, fixemos xogos de ritmo e movemento, batucadas de percusión corporal e até un circuito sonoro no que puxemos a proba a nosa memoria visual e auditiva. Tamén fixemos un obradoiro de instrumentos cotiáfonos (instrumentos feitos con obxectos de uso cotiá ou mesmo materiais de refugallo) que, por suposto, aprendemos a afinar e temperar. E como este ano nos quedamos sen ver os peliqueiros de Laza, as mázcaras de Manzaneda, os felos de Maceda, ou as mandamas e galáns de Cobres… nós trouxemos as cores dos nosos disfraces e armamos un gran folión de Entroido cos nosos instrumentos! E como din os veciños e veciñas do Hío: que viva o Carnaval!
Que viva o Carnaval!!
Deixa un comentario
Comentarios recentes