A Tropa de Trapo vai de festa

Para rematar o lúdico de xuño unha parte da Tropa de Trapo plasmou a súa creatividade creando pintura urbana con spray feito por nós, mentres que a outra parte da tropa creaba a súa sinatura artística con xiz. Os nenos e nenas estiveron moi participativos e desfrutaron moito creando as súas propias obras. Para rematar o lúdico xuntámonos toda a tropa e bailamos ao

Saber máis


Corre corre que te pillo!!

Neste lúdico o grupo de primaria da Maía estámonos adentrando no mundo da cultura urbana a través de actividades como o graffiti, creación de regueifas de rúa, deportes alternativos… Para todo isto comezamos constituíndo as nosas propias tribus urbanas en base aos nosos gustos e intereses comúns. Hoxe iniciamos a mañan quentando motores cunha carreira de obstáculos simulando unha world chase tag unha carreira

Saber máis


Tribos urbanas no Milladoiro

Comezamos o xuño lúdico na Casa da Cultura deseñando a imaxe que nos identificará como parte da tribo urbana que queremos ser. Temos de todo: Chancleteiros, Respiradores de osixeno, Millatrap, TriboCelta e TriboMusical… Para non perder!


Circuíto urbano de obstáculos

Boas familias!!  Comezamos unha nova aventura no lúdico da Maía. Nesta volta, as/os nenas/os gozaran dunhas actividades vencelladas á arte urbana, tales como bailes, grafitis, etc. No grupo de infantil, para rachar coa dinámica de todo o ano, as/os nenas/os fixeron un circuíto de obstáculos para amosar  e mellorar a súa psicomotricidade dunha maneira lúdica.


Pintando muros!!

Do 25 ao 28 de xuño lévase a cabo o programa Xuño Lúdico do Concello de Ames en Bertamiráns e no Milladoiro. Este ano os nenos e nenas meteranse de cheo na cultura urbana con actividades relacionadas coa arte urbana, a música, o baile e a creación.

Saber máis


Preparando o gran día

Partindo das calidades descubertas o primeiro día a través dos murais, os nosos pequenos artistas argallan na súa gran estelar actuación do vindeiro luns no “The great theatre” do Milladoiro. O noso particular “Got Talent” será sorprendente pola variedade de calidades dos nosos participantes, que andan cos últimos detalles dos ensaios para poder abraiar ao noso peculiar xurado. Agora vos deixamos debido a que

Saber máis


Preparando a estrea

Hoxe finalizamos o noso mural para a decoración da actuación final do Got Talent. Nel cada neno/a plasmou o seu talento a través de letras, debuxos e distintas formas de arte. Previamente, para despertar a nosa creatividade ,levamos a cabo unha sesión de relaxación con música da natureza que desplazou a nosa mente a un lugar marabilloso. Para rematar falamos como se sentiron e

Saber máis


Coñecémonos

Neste lúdico de primavera descubriremos os múltiples e marabillosos talentos das nosas crianzas. Así ofreceremoslle os nosos nenos e nenas un espazo de liberdade, expresión e creatividade mediante actividades de reforzo da autoestima, desenvolvemento de roles, achegamento a novas experiencias…  Nunha gran asemblea falamos de como nos chamamos , das cousas que se nos dan ben ; Reforzando así a nosa autoestima que ao

Saber máis


Got talent Ames: Tes Talento

E así chégase o último día a actuación final, no programa “Got Talent Ames: Tes talento” que  será a culminación da primavera lúdica 2019, na cal os nenos e nenas escollerán libremente a actividade a realizar, que será preparada e presentada o último día. Poderán participar en grupo ou de forma individual e animarase aos nenos e nenas para que presenten as súas habilidades:

Saber máis


Preparando os nosos talentos

A través de diferentes actividades tentarase fomentar nos nenos e nenas a autonomía, a confianza en se mesmos, a toma de conciencia e a confianza nas súas posibilidades. Cada actividade proposta adaptarase ás características do grupo, tanto polas súas idades como polas súas condicións particulares como son o nivel de participación, gustos e motivación, etc. Así, levaranse a cabo actividades, como por exemplo: Mural

Saber máis