Remata o Lúdico de Primavera
Chegamos ao final do lúdico de primavera na Maìa. Neste derradeiro día, continuamos a fomentar a imaxinación e a creatividade das nenas e dos nenos.
Chegamos ao final do lúdico de primavera na Maìa. Neste derradeiro día, continuamos a fomentar a imaxinación e a creatividade das nenas e dos nenos.
Hoxe suamos a camisola, xa que viñeron a visitarnos uns rapaces e rapazas do equipo de fútbol Gaélico, un deporte que nos gustou moito!!
Comeza a primavera lúdica con moita intensidade!! Nada máis e nada menos que imaxinando que podemos facer coa morea de caixas valeiras que atopamos polo cole…pesamos en tartatugas, coches, cohetes, lagartos, edificios…
Os nenos e nenas están naturalmente dotados de capacidade e potencialidades que hai que axudar a descubrir, exteriorizar e manifestar. Empregaremos o conto “Isto non é unha caixa” de Antoinette Portis para centrar a atención dos nenos e nenas na creatividade e a imaxinación
Comeza de novo a Primavera Lúdica do Concello de Ames. O programa vai dirixido ás familias empadroadas no Concello de Ames con fillos que cursen estudos no segundo ciclo de Educación Infantil ou na Educación Primaria. Desenvolverase tanto na localidade de Bertamiráns coma no Milladoiro durante os días 26, 27, 28 e 2 de abril.
Durante estes tres días apareceron diversos personaxes moi variados: superheroes e superheroínas, demonias e demonios, princesas, piratas e corsarias, arcos da vella e animais entre moitos outros.
Hoxe no cole de A Maia estivemos preparando a nosa Gran Comparsa do Entroido. Tanto os nenos de infantil coma os de primaria fixemos os nosos respectivos mecos para mañá desfilar con eles e logo facer o enterro da sardiña. Deixamosvos fotos das nosas creacións. Pasámolo en grande!
ara coñecer todas as costumes e personaxes típicos desta época do ano, fixemos un superxogo de pistas, onde houbo tempo para responder adiviñas, correr na procura de pezas dun quebracabezas cun mapa
Crearemos entre todos e todas as nosas cancións con temas de interese para os grupos de nenos e nenas, poderemos cantar, tocar, bailar, interpretar, etc
Cada día as monitoras e monitores presentaranse disfrazados e presentarán dunha forma divertida a historia e tradición do entroido en Galicia
Comentarios recentes