Category Archives: Lúdicos Nadal

Xoguetes para todas as persoas!!

Tras varias xornadas falando sobre como a publicidade sexualiza os xoguetes, os nosos cativos e cativas decatáronse desta problemáticas puxéronse mans á obra na creación de xoguetes unisex, que posteriormente sorteamos nun bingo.


Preparando agasallos

Continuamos disfrutando unha semana máis destes días de vacacións no lúdico de Nadal da Maía. Esta semana además de gozar de numerosos xogos, as nenas e nenos elaboraron un agasallo moi especial para compartir coas súas familias. Por outra banda, cada un e cada unha creou un pequeno xoguete, feito de material de refugallo, para agasallar a un dos seus compañeros ou compañeiras. Tamén,

Saber máis


Despedimos o 2019!!

Despedimos o último día do ano cunha gala chea de actuacións de baile, maxia, música e humor. Tivemos uns convidados especiais (os nenos e nenas de infantil) que bailaron e tomaron as uvas con nós para darlle a benvida ao 2020. Feliz ano!


De tenda en tenda!!

O noso cole hoxe converteuse nun mercado con diferentes comercios locais.   Nos días previos, elaboramos con distintos materiais de refugallo, os obxectos que iamos ter na nosa tenda; como por exemplo colares, cunchas decoradas, pequenos libros, recipentes de leite decorados, etc.   Neste mercado tivemos: unha libraría, unha tenda de decoración, unha froitaría e panadaría, unha tenda de agasallos, unha xoiaría e unha

Saber máis


Panxoliña de nadal

Tódalas nenas e nenos do Milladoiro e os seus monitores, preparamos unha canción para despedir o ano creadas por todos eles. Dende a Escola Infantil desexámosvos felices festas.    


Engalanándonos!!

Á espera desta ansiada noite na que nos visitará algún que outro “convidado” especial, pensamos en acollelo vestindo os nosos fogares engalanándoos con adornos feitos por nós. Hoxe decatámonos de que reutilizando ou aproveitando obxectos cotiáns contribuímos a crear un contorno máis sostible e apracible. Feliz noite!


Comeza o nadal!!

Comezamos a nosa aventura moi ilusionados e con moita alegría! E como está nas nosas mans implicámonos mogollón.   Falamos do que é o Nadal para nós. OS nenos e nenas explicaron despois do visionado dunha curta que o que máis lles gusta é o tempo en familia e ter tempo para xogar.   Xogamos a ser renos, a buscar obxectos de nadal polo

Saber máis


Fotografías dispoñibles

Xa están dispoñibles na sección de Privado as fotografías do Lúdico de Nadal.

Saber máis


Non é unha despedida, senón un novo comezo

Neste lúdico de Nadal, ademais de rir, cantar, xogar, soñar espertos, crear… Tivemos a oportunidade de que as nosas nenas e nenos compartiran con nós o seu mundo miúdo

Saber máis


Broche de ouro ao lúdico

Rematamos a nosa viaxe ao Mundo Miúdo recordando todos os valores traballados a través do amigo invisible. 

Saber máis