Nadal Lúdico 2019/20

O NADAL ESTÁ NAS TÚAS MANS

Durante este programa de Nadal a través do lema  “O nadal está nas túas mans”  orientarase ás nenas e os nenos sobre a responsabilidade no consumo nunhas datas nas que está moi presentes os adornos e os agasallos.

Promocionaranse o consumo responsable a través do noso propio mercado local na dinámica Comprando no comercio local. Distribuirase nunha zona diferentes fotografías e rótulos como se dun pequeno barrio se tratase, e cada zona fose un comercio local e tradicional. En pequenos grupos, os nenos recibirán unha lista da compra e unha cesta.

Converteremos cada centro onde se vai a desenvolver o nadal lúdico nunha feira cooperativa de nadal para fomentar unha cultura participativa e de intercambio, onde se pretende superar os conceptos de compra e venta ligados ao consumo dentro dun ambiente de convivencia e solidariedade, recuperando valores como o “saber compartir” e o “consumo responsable” fronte a acumulación e excesivo apego aos obxectos. A través do Agasallo Viaxeiro, os nenos e nenas elaborarán agasallos con materiais naturais e de refugallo para regalar a algún outro neno ou nena doutros centros.

Tamén estará moi presente a igualdade de xénero tanto a través da publicidade como na elaboración de xoguetes sen xénero. É moi importante facer que os nenos e nenas teñan unha visión crítica sobre este tema xa que o impacto dos medios de comunicación condiciona moito a opinión facendo un clara diferenciación de xénero segundo o tipo de produto que queren vender, tanto pola súa cor como a súa utilización.

Na dinámica contrapublicidade os nenos e nenas reflexionarán sobre a influencia da publicidade nos medios. Proporanse 3 anuncios de xoguetes da televisión para ver. Reflexionaremos sobre eles: que están vendendo? que vedes nel? coñecedes o produto? probástelo? é certo todo o que din? viches algunha vez un anuncio deste tipo de cousas que puideses facer na casa sen comprar nada? cres que o anuncio vai orientado tanto a nenos como a nenas?; despois imos crear a nosa propia publicidade collendo un xoguete de refugallo de forma aleatoria e deseñando unha publicidade similar á que vimos no inicio. As monitoras acompañarán aos nenos e nenas no proceso para guialos, reflexionando nas diferenzas entre un tipo de anuncio e outro.

Unha caixa pode ser unha fonte inesgotable de recursos para a nosa diversión. Cos ecoEnredos pretendemos mostrarlle aos nenos e nenas diferentes alternativas de xogos con recursos que temos nas nosas casas a través da reutilización de materiais. Construiremos xogos e xoguetes que teñan un compoñente temático medioambiental e cooperativo

Ademais nos ecoEnredos os nenos e nenas realizarán un Memory ambiental no que todos e todas colaborarán. Repartiranse dúas fichas de cartón a cada participante debuxará a mesma escena relacionada coa educación ambiental.

Daranse conta que con moi poucas cousas podemos facer creacións divertidísimas, ademais de axudar o planeta dándolle outra vida a algo que ía acabar no lixo.