Nadal Lúdico

Durante este nadal, denominado “Academia de cine”, levaremos a cabo un programa de actividades relacionadas todas elas co cine. Nesta academia tan especial, adentarémonos no mundo da ilusión, a fantasía e a creatividade para potenciar o talento dos e das artistas que forman parte dela.

Xoel non podía dar crédito a todo o que estaba a pasar! Encantáballe ese libro e día tras día gustáballe adentarse nas súas páxinas cheas de vida e cor. Pero cando veu todo aquelo que estaba a pasar asustouse tanto que non puido evitar saír correndo. Non sabía que facer! Polo que chamou a Mara, a súa mellor amiga. Ela seguro sabía que facer! A sorpresa foi ao chegar de volta á casa… posto que o libro estaba baleiro… todas as personaxes desapareceran. Que estarán a argallar? Quizais unha academia de Cine?

Cada día Xoel e Mara presentarannos personaxes  relacionados co mundo do cine que nos acompañarán durante a xornada para realizar actividades, moitas delas para o adestramento de habilidades de interpretación, comunicación, creatividade, etc. e tamén estará presente o Nadal a través de diferentes obradoiros.

Ademais, un dos fíos condutores que se manteñen ao longo da academia será a  realización dunha curtametraxe por parte dos nenos e nenas, na cal se convertan nos/as protagonistas da historia e realicen todo o proceso de elaboración do mesmo: creación da historia que queren contar; redacción do guión; interpretación das/dos personaxes; persoal técnico de son, luces e claqueta; especialistas de aterezo e decorados; maquillaxe e todas aquelas funcións necesarias para poder crear a nosa propia curtametraxe.

A nosa curtametraxe tratará unha temática relacionada co concello de Ames no cal nos atopamos, para a partir del crear unha historia propia.

Os nenos e nenas realizarán actividades como:

  • Visita de personaxes de animación como o Rei León, Shreck, Pinocho, Peter Pan…
  • Obradoiros, papiroflexia, maquillaxe…
  • Preparación de curtametraxes, academia de cine, Gala dos Óscar..
  • Ademáis da festa de fin de ano