Presentación

Os proxectos que engloban os diferentes “Programas Lúdicos” englobaranse baixo o slogan “¡Comparto os meus talentos!”. Será unha oportunidade para que os nenos e nenas coñezan e desenvolvan habilidades e potencialidades, dun xeito lúdico, divertido e relaxado. Conxugaremos entusiasmo, participación, solidariedade e creatividade desde os nosos talentos.

Ademais a creatividade é o resultado dunha serie de simbolizacións, vivencias e asimilacións de coñecementos, é unha síntese de compoñentes cognitivos, afectivos, sociais e imaxinativos. Así chegamos a unha importante conclusión de que é necesario ampliar a experiencia dos nenos e nenas se queremos brindarlle unha sólida base para a súa actividade creativa.

Por tanto, para os “Programas Lúdicos” para a tempada 2015-2016 e a tempada 2016-2017 levaranse a cabo programacións que posibiliten o goce e a produción de arte nas súas diversas manifestacións, o descubrimento do mundo do circo e das olimpíadas, etc.
presentacion


As dinámicas e actividades do proxecto irán encamiñadas a traballar as intelixencias múltiples de todos os nenos e nenas usuarios do servizo. Gardner (1994, 1999) propuxo a súa teoría das Intelixencias Múltiples, na que os seus fundamentos teóricos están baseados na valoración das capacidades do individuo e na importancia de expresar que a intelixencia é a capacidade para resolver problemas cotiás, xerar novos problemas, crear produtos e ofrecer servizos dentro do propio ámbito cultural.

 Inteligencias-Multiples
 http://www.actualidadenpsicologia.com