Primavera Lúdica

Nesta primavera lúdica queremos traballar cos nenos e nenas a imaxinación e a creatividade achegándoos ao mundo máxico do circo partindo do conto “Este circo é un desastre” de Miguel Ángel Villar Pinto e que será o título deste lúdico. O fantástico Esnini e o seu circo son un desastre.

O fantástico Esnini e as demais personaxes do circo serán os encargados de guiar e acompañar aos nenos e nenas nesta aventura chea de retos, na que eles se converterán nos protagonistas do conto.

 

OBRADOIRO DE MAXIA
MONICREQUES
RISOTERAPIA
MALABARES
CIRCO DE SOMBRAS