Nadal 2018

MUNDO MIÚDO

Comezaremos coa lectura dramatizada da “Galiña Azul” de Carlos Casares onde os nenos e nenas formarán parte da pequena aldea que aparece neste libro debendo tomar decisións sobre o futuro destas galiñas tan peculiares.

A continuación desenvolveremos unha Xincana de Participación Cidadá onde os nenos e nenas analizarán o lugar onde viven a través dos seus ollos detectando os problemas e inxustizas que acontecen a diario. Deste modo presentarán unha proposta de mellora deste lugar a través de maquetas que presentarán aos seus compañeiros e compañeiras.

Os nenos e nenas porán en práctica todas as habilidades de pensamento e linguaxe exercitadas nos bloques anteriores facendo un traballo de análise e síntese dos temas tratados e formulando posibles solucións que deberán defender fronte aos seus compañeiros e compañeiros nunha campaña electoral.

En grande grupo faremos un esforzo por recapitular sobre os grandes temas tratados: a integración e diversidade, o amor e amizade e medioambiente e saúde. Analizaremos cada un dos temas expoñendo os principais problemas conflitos que detectamos en cada un deles. Discutiremos as posibles solucións dunha maneira razoada e ordenada cos nosos compañeiros e compañeiras. Unha vez que todas as posturas están expostas dividirémonos en diferentes grupos segundo a nosa postura. Ao longo deste proceso intentaremos que sexan os nenos e nenas os que organicen, guíen e estruturen o discurso por si mesmos.

Cada grupo deberá organizar a súa propia campaña electoral buscando o mellor slogan, elaborando un proxecto, creando un nome…

Os integrantes de cada unha das formacións deberán escoller a un ou unha representante para realizar un debate público que axudarán a desenvolver. A actividade finalizará tratando de crear entre todos e todas unha proposta unitaria na que todos e todas se vexan representados

Dinámicas para espertar
Dinámicas de Relaxación
Xogos de lóxica
Batedor de linguas
Dinámicas de oratoria
Coeducación e igualdade
Xogos de auga
Animación á lectura
Xogos cooperativos
Xogo espontáneo