Relaxación Koepen

Chegados a esta altura do curso, decidimos facer unha sesión de relaxación “diferente”. Empregamos a técnica de Koeppen que, dun xeito sinxelo e lúdico axuda ós nenos e nenas a aprender a relaxarse, sendo conscientes do seu propio corpo.

Baséase na tensión e distensión dos músculos, pero os exercicios e as instruccións fanse a través de xogos; exprimindo o limón, o gato perezoso ou a tartaruga escondida son algúns deles. O 1º paso é saber respirar axeitadamente, e grazas ó ioga, é algo que xa teñen dominado. 

Os nenos e nenas implícanse moito con estas dinámicas e non facía falta explicarlles como tiñan que tensar os músculos, con só explicarlles o xogo, xa sabían como tiñan que facer; por exemplo, sabían que a tartaruga para esconder a cabeza no caparazón tiñan que tensar os ombros e o pescozo.

Quedamos en que ían poñer en práctica todo o aprendido, cando foran para a cama e non puideran dormir. Oxalá sexa certo e que o traballado con nós e entre todos lle sirva no seu día a día.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>