Experimentos con auga

Para os nenos e nenas do Concilia, os días de diverciencia, son diversión asegurada.

¿Acordádesvos de que nos pediran repetir o experimento da mezcla de cores? Pois tiñámoslles preparado outro experimento semellante. Comprobamos con plantas, cartuchos neste caso, como  se a auga está teñida con colorante, a planta acaba por teñirse desa cor. Tiveron moita paciencia, porque é algo que non se veu dun día para outro, pero a espera mereceu a pena.

A raíz desto, reflexionamos sobre a contaminación da auga. Si as plantas absorben o tinte da auga, ¿qué pasa cando a auga está contaminada?

Vimos ademais como a auga quente pode derreter algúns corpos sólidos, e o mellor, fixémolo con caramelos. Puxémolos en círculo nun plato blanco, votamos auga quente e o resultado foi un espectáculo digno de admirar, cheo de colorido e hipnótico. A auga quente fixo que o colorante dos caramelos se desprendera pouco a pouco e creouse un arcoiris. Tamén quedou flotando o nome dos caramelos como viramos no experimento co azulexo.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>