Bailar coas emocións

Bailar é un dos maiores acto de expresión das nosas emocións. Cando escoitamos música, esta provoca en nós uns sentimentos e emocións que traducimos en movementos a través do baile. Cando bailamos sentimos que conectamos cos iguais, cos sons, con nós mesmos.

Por este motivo o pasado venres día 6 recibimos a visita dun músico no Conciliatardes que compartiu a tarde cos nenos e nenas do programa. Os nenos e nenas compartiron cancións e bailes diferentes nos que tiveron que seguir o ritmo, compartir abrazos, bicos, sorrisos… 

Os nenos e nenas tiveron que axudar á señora Fina (un monicreque que trouxo o músico) a resolver o seu problema: esquencérase do nome dos dedos das mans. A través dunha canción os nenos e nenas conseguiron axudar á señora fina a recordar aquelo que esquencera. A través desta dinámica os nenos e nenas experimentaron a empatía así como posicionarse e buscar solucións a problemas de carácter emocional.

A continuación, entre todos e todas, bailaron de forma libre en pequenos grupos mentres os compañeiros e compañeiras imitaban os movementos que o grupo marcaba. Para esta actividade soaron diferentes tipos de música: unhas máis alegres, outras máis melancólicas.. Despois da actividade reflexionamos sobre os nosos sentimentos cando escoitamos un tipo de música ou outra e como inflúe nos nosos movementos e sentimentos.

Por último, bailamos e cantamos diversas cancións nas que o contacto entre os nenos e nenas era imprescindible, tratando de compartir a nosa barreira física cos demais a través de abrazos e bicos. 

Ao longo de toda a actividade os nenos e nenas do Conciliatardes riron moito e gustaron moito de coñecer á señora Fina que os acompañou durante a xornada observando os bailes e cancións dos nenos e nenas. 

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>