Venres 25: O ataque dos polucionarios

O próximo Venres 25 os nenos e nenas deberán axudar a acabar cos Polucionarios: Tóxico, Desigualdade, Crise e Consumo irresponsable. Para isto, os nenos e nenas deberán dividirse en grupos para resolver determinados enigmas relacionados co medioambiente: Separar correctamente o lixo desperdigado nun lugar, cooperar para limpar os plásticos do río, encontrar os esbirros dos polucionarios…

Os principais obxectivos desta actividade son:

  • Coñecer os principais perigos ambientais e sociais da actualidade
  • Promover unha postura activa e responsable para buscar as solucións aos problemas sociais e medioambientais.
  • Favorecer a toma de decisións en grupo e de forma cooperativa
 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>