Aula Familias Vilagarcía

O pasado venres 25 fixemos unha reunión coas familias do Conciliatardes para falar desta anovadora proposta para este curso 2018/19. A idea é crear un espazo virtual de intercambio de experienciasentre as familias en torno a diferentes temas relacionados coa educación dos nenos e nenas.

Os anteriores anos xa se levaran a cabo diversas accións formativas onde a participación foi moi escasa por diversos motivos: os horarios, compatibilidades, indispoñibilidades… Por este motivo este ano propoñemos retomar esta actividade dunha maneira virtual para que sexa accesible a todas as persoas independentemente dos seus horarios e dispoñibilidade.

A proposta tivo moi boa acollida polas familias que asistiron á reunión polo que imos lanzar a proposta ás restantes familias para coñecer o interese real. A posta en marcha desta actividade vai supor un esforzo moi grande polo que se non se confirma unha ampla participación, quedaría suspendida. Por este motivo pedimos que cubrades a seguinte enquisa para saber se estades dispostas a colaborar e vos comprometedes a participar.

Unha forma doada de aprender

A Aula Familias comezaría o próximo 12 de febreiro e finalizaría a primeira semana de xuño. A intención é que se propoñan novos retos semanalmente e que non rouben máis que uns 30 ou 40 minutos semanais.

Temáticas educativas

Cada mes ou mes e medio proporanse unha nova temática para tratar na Aula Familias dividida en bloques semanais que estarán compostos dunha lectura e un reto práctico.

Existen unha propostas temáticas xa establecidas. Queremos que marquedes na listaxe as propostas que máis vos atraen e propoñades novas se é o caso:

Programación semanal

Cada martes proporase unha nova lectura breve que introducirá un novo bloque do tema. Cada xoves da semana lanzarase un novo reto relacionado coa lectura semanal na que as familias deberán compartir as súas experiencias ou propostas educativas.

Aprendemos coa experiencia

Na educación dos nosos fillos e fillas non existe unha resposta única a cada problema. Hai diferentes formas de afrontar os retos que se nos propoñen. Por iso, o intercambio de experiencias e puntos de vista de cada familia será tan importante para que a experiencia da aprendizaxe sexa efectiva.

Mensaxería instantánea

Decidiuse na reunión empregar a App de Telegram como canle principal de comunicación para participar na Aula Familias. A través dun grupo de discusión creado para esta finalidade poderemos intercambiar coñecementos entre as diferentes familias que existen no Conciliatardes.

Esta plataforma ofrece a seguridade e anonimato que precisamos para realizar esta actividade. Ademais, resulta unha forma cómoda para que todas as familias accedan aos contidos desde os seus teléfonos móbiles.

A App tamén permite ser descargada nun computador se o usuario prefire acceder desde este medio.

Para participar debes descargar a app no teu móbil ou computadora e crear unha conta cun Alias. Recomendamos que usedes un nome e alias que non desvele datos persoais. Tamén podes subir unha foto de perfil (recomendamos que non empreguedes unha foto real vosa para respectar a intimidade de todas as persoas usuarias)

Unha vez teñas a App e unha conta activa. Solicita acceso á ao Grupo de Discusión ás persoas administradoras da Aula Familias:

@Oscar_MR

@Isa_PV

Se durante o proceso tes algún problema, podes poñerte en contacto vía correo electrónico oscar@agoraaberta.es

Aquí podes ver algunhas das vantaxes desta APP e como configurar o teu Alias:

Enlaces de interés:

Descarga Telegram: https://telegram.org/apps

Coñece Telegram: http://telegram.com.es/

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>