Diverciencia: Clip flotante

Esta semana en diverciencia adicámonos a facer maxia, ou o que vén sendo o mesmo, traballar a tensión superficial da auga. Metemos un clip nun vaso de auga e vemos que se funde, a continuación, introducimos un anaco de papel dentro do vaso e, de novo, voltamos a meter un clip dentro e sacamos o anaco de papel, e comprobamos que o clip flota na auga. Explicámoslles que é debido á “tensión superficial”, que o que fai é crear unha “pel” na superficie da auga onde as moléculas se manteñen unidas, polo que o clip non está realmente “flotando” senón que está sendo suxeitado por esa “pel”.

Ós nenos e nenas encantoulles este sinxelo experimento, e estaban desexando facerllo ás súas familias.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>