Os contos doutra forma

Este conto da  Cincenta é algo diferente ó que estamos acostumados/as,  agora presentamos unha Cincenta que non irá ó baile para namorarse do príncipe, non lucirá zapato de cristal…pero que sí tomará as rendas da súa vida.

O que pretendemos a través deste conto é traballar os contos de sempre sin sexismo, sin violencia nin desigualdade.Tentamos que a partir deste conto clásico que todos/as coñecen,  cheo de actitudes, ensinazas e moralexas anticuadas, e que ás veces rozan o machismo e as atitudes pouco equitativas entre homes e mulleres, nos cuestionemos os modelos tradicionais de feminidade e masculinidade ofertando modelos máis igualitarios.

Tras a lectura do conto  xurdiu un debate acerca de que conto lles gustara máis o clásico ou esta nova versión. A pesar de que nun primiero momento, algunha nena dixo que prefería o clásico porque lle encantaban os vestidos longos, os bailes e os zapatos de cristal, tras analizar os roles femininos e masculinos, acabaron decantándose  por este novo modelo onde homes e mulleres teñen os mesmos dereitos e liberdades.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>