A enerxía do meu cole

Esta actividade permitiunos traballar de xeito sinxelo as enerxías renovables de forma adaptada ás idades dos usuarios/as. Nesta maqueta, plasmamos cómo sería o noso colexio ideal, no que teñen cabida as tres enerxías renovables, aire, auga e sol. Estas aparecen reflexadas, na roda de auga (enerxía hidráulica), os muiños de vento (enerxía eólica) e as placas solares (enerxía solar). Á súa vez, como puidemos obsevar nas entradas anteriores, o apartado de Diverciencia permitiunos traballar a través de experimentos as diferentes enerxías, que finalmente, incorporamos a este Colexio Ideal do Conciliatardes.

Os nenos e nenas colaboraron activamente na maqueta, e decidiron que o seu colexio ideal tivera unha gran zona verde, con árbores frutais, flores e pequenos animais. Tampouco se esqueceron de incorporar unha zona de lecer composta por campos de fútbol e parques infantís. Por suposto, entre todos e todas elexiron o nome deste colexio.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>