Unha oca ambiental xigante

Para comprobar a asimilación dos coñecementos adquiridos durante todo o curso, decidimos elaborar, entre todos/as, unha oca xigante, na que para avanzar necesitaban respostar correctamente unhas preguntas sobre as enerxías  e  a contaminación. De igual modo, nesta nosa oca tamén existen casillas marcadas por factores contaminantes que nós podemos mellorar, que nos obrigan a retroceder, e outras que nos impiden avanzar e fan referencia á contaminación do aire. Todas elas deben ser superadas para chegar a lograr o noso obxectivo final, que é lograr un mundo limpo.

A oca queda como xogo de mesa para aula, que eles e elas poden coller cando lles apeteza. Sen dúbida, é moi satisfactorio ver cómo contestan correctamente a todos os retos plantexados, o que nos permite comprobar que se acadaron, con creces, os obxectivos plantexados nun primeiro momento.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>