Foguete que sube e baixa

O aire exerce presión, e isto xa o puidemos comprobar en experimentos anteriores.

Hoxe, xogamos coa presión do aire, a través dun experimento creado a partir dunha botella de auga, unhas palliñas e un anaco de papel. Os nenos e nenas subiron e baixaron a presión segundo quixeron, canta máis presión exercían na botella vacía, o foguete que está no extremo da palliña pegado no papel, sairá máis ou menos disparado.

Resultoulles moi divertido e van comprobando como con cousas que teñen na casa e incluso materiais de refugallo poden elaborar os seus propios xogos.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>