Eu serei o que queira ser

Con motivo do Día do Traballo, elaboramos no Concilia un xogo de profesións semellante aos recortables de bonecas que había antes.

Os nenos e nenas pintaron uniformes de diferentes profesións nos que non se identifica o xénero. Metémolos nunha caixa na que pegamos un neno e unha nena, e despois de entablar un debate sobre a quén lle poñerían esa roupa e o por que, de preguntarlles se viran a alguén que realizaba ese traballo, etc. ían poñéndolle a roupa a un ou outro boneco.

Logo de moito falar con eles e elas e darlle voltas ás cousas, vimos que a pesares de que había moitos estereotipos vencellados co xénero nas profesións, quedáronse coa idea de que non hai profesións de homes nin de mulleres, senón que as persoas podemos ser o que queiramos ser.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>