Visita aniversario centro de Día

Con motivo da celebración do 7º aniversario do Centro de Día, os maiores convidáronnos a unha xornada de convivencia ambientada nas verbenas galegas. Para esta ocasión, preparáronnos un tres en raia xigante, dividímonos en dous grupos e cada un estaba composto por nenos e nenas e usuarios/as, onde para poder mover ficha era preciso acertar unha pregunta vencellada coa temática que están a traballar.

Resultou tan divertido e entretido, que xogamos varias partidas. Creouse un ambiente festivo e tanto os maiores como os nenos/as animáronse a cantar cancións tradicionais e compartimos un agradable momento de risas, cancións e baile.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>