Visita a un comercio local

O próximo martes 28 de maio, os nenos e nenas do Conciliatardes visitarán a tenda Bembó de Vilagarcía onde poderán coñecer unha tenda que se preocupa por ofrecer produtos locais, ecolóxicos e naturais.

Debemos tomar consciencia do que consumimos diariamente, tanto pola nosa saúde como polo benestar do noso ecosistema: os transportes, embalaxes, químicos, grandes explotacións…

Na tenda Bembó, gústalles comer ben, sabendo o que se come, de onde ben e con que ingredientes está feito. Apostan polos produtos ecolóxicos, artesáns, orixinais e sen conservantes nin aditivos.

O obxectivo desta tenda desde o 2014 é dar valor aos produtos da terra, pequenos obradoiros e artesáns, ademais de estar especializados na alimentación sen alerxenos, sans e menos procesados

Os nenos e nenas coñecerán a procedencia dos produtos que vende esta tenda, outro tipo de comida rápida e a base dunha alimentación sá e saudable.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>