Semáforo de froitas

Non deixando atrás a temática de Educación Vial, levamos a cabo dúas actividades ben diferentes.

En primeiro lugar, e para poñer a proba os coñecementos adquiridos sobre a temática, fixemos un tres en raia, para o que cada equipo, se quería mover  ficha, tiña que contestar correctamente a unha pregunta que se lle formulaba. Comprobamos  así, como en realidade, interiorizaron as competencias destinadas a promover a seguridade vial que vimos a través dos contos que nos achegou á DXT e das cancións traballadas.

Para rematar, a modo de premio, levamos a cabo un taller de cociña onde os nenos e nenas crearon un semáforo con pan de molde e froitas ( fresa, plátano e kiwi) e para darlle un toque doce, cubrimos a base con chocolate que derretemos previamente non forno solar que tiñamos reservado.

PARA CHUPAR OS DEDOS!!!!!

A maiores, cada neno e nena levouse para a casa un folleto informativo para os pais/nais titulado “Os teus pasos son os dos teus fillos” ademais dun caderno de actividades de Educación Vial.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>