A forza contra incendios

Como xa estaba anunciado, esta semana fomos de visita ó parque de bombeiros.

Alí, despois das presentacións, explicáronnos en qué consistía o seu traballo, como se tiñan que vestir cada vez que soaba a alama de emerxencias (tivemos a oportunidade de probar o seu casco e a máscara) amosáronnos como é a súa “casa”, fixemos exercicio no seu ximnasio para poñernos en forma, e permitíronnos subirnos ó seu camión, mentres nos explicaban como funcionaba todo (sobra dicir, que isto foi o que máis nos gustou)

Despois de todo o que parendemos con eles, tivemos tempo de xogar ca mangueira, e comprobar a forza que había que ter para poder manexala.

Como premio a todos os coñecementos que demostramos ter na visita, agasalláronnos a cada un/unha de nós cun libriño explicativo sobre o traballo dos bombeiros.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>