Todos somos un

Dentro da temática do lume que estamos a traballar neste último trimestre, e coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño, os nenos e nenas do Concilia representaron unha pequena obra de teatro con títeres sobre os incendios, que levaba por título “TODOS SOMOS UN”

A través da mesma, téntase transmitir que o lume é un elemento presente na natureza, o perigo que supón facer un mal uso do mesmo e os danos que pode ocasionar un incendio forestal.

De igual modo, traballáronse os valores como o traballo en equipo, a cooperación, a responsabilidade dos nosos actos, a toma de conciencia, a empatía, comprensión, etc.

Foi algo diferente para todos e que lles supuxo un gran esforzo e responsabilidade para aprender o seu papel, pero foi todo un ÉXITO!!!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>