Educación vial con Marcial

Este martes no Conciliatardes tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial: Marcial, Policía Local en Vilagarcía.

Marcial veu para darnos unhas nocións básicas de Educación Vial e ensinarnos o coche patrulla, pero sobre todo quixo incidir nunha cousa, que a el lle pareceu básico antes de empezar, e é que achegar a figura da policía desde a perspectiva da convivencia e o respecto e non desde a prohibición e a restricción.

Contámoslle todo o que estivemos traballando de Educación Vial, a través de contos, xogos, cancións, taller de cociña, etc. e aproveitamos tamén para resolver algunhas dúbidas como por exemplo por onde debemos circular cando non hai carril bici ou a quen debemos facer caso cando hai un sinal e e un policía que nos indica o contrario.

Os nenos e nenas xa sabían moitas cousas, feito que deixou abraiado a Marcial, que xa lles pideu axuda para vindeiras colaboraciós.

Como agradecemento á súa visita sorprendérono cantándolle a canción das sinais de circulación e cun pequeno agasallo, que prometeu levar sempre con el.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>