Como xa sabedes, neste primeiro trimestre, os encargados de presentarnos as actividades serán unha familia cuxa vida xira ó redor da música. Os nomes dos diferentes membros foron elixidos polos nenos e nenas do servizo.
Os luns visítanos o avó Curro, un viaxeiro polo mundo na busca de sons novos e tradicionais, instrumentos musicais e estilos internacionais.
O primeiro país que nos presenta o avó Curro é Australia, e tróuxonos un vídeo para coñecer os seus costumes, historia, localización xeográfica, arte, instrumentos típicos, especies autóctona, etc.
O que máis lles chamou a atención ós nenos e nenas foi a arte aborixe tradicional australiana que comprende, entre outras, a pintura de puntos (puntillismo)
E como en Australia hai máis lagartos que en calquera outro lugar do mundo, decidimos facer un lagarto coa técnica do puntillismo para logo expoñelos nun mural na aula.
Comentarios recentes