Un barco de burbullas

Como vén sendo habitual cada mércores, toca experimento. Nesta ocasión elaboramos un barco de burbullas. Cunha botella de plástico, unha palliña, bicarbonato e vinagre, conseguimos construir un barco que se move na auga.

Metemos o bicarbonato envolto en papel dentro dunha botella a cal lle fixemos un pequeno burato para meter unha palliña, vertemos o vinagre e tapamos a botella. Cando o papel se humedece co vinagre, o bicarbonato mestúrase co vinagre e forman un montón de gas e espuma, o gas sae a través da palliña e empurra o barco pola auga.

A maiores, neste trimestre, dentro da programación musical que nos ocupa, os mércores visítanos Rosalía, unha nena gótica coa que traballamos a expresión corporal e a estética. Propúxonos o “Xogo das estacións do ano” no que había que relacionar cada estación cun movemento corporal e un ritmo. En inverno fai moito frío e todos corremos; en outono paseamos tranquilamente polo monte; no verán imos moi lentos porque vai moita calor e na primavera saltamos ledos polo campo.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>