Interpreto ritmos co meu corpo

Da man de Breixo, hoxe traballamos a percusión corporal a través de figuras que representan diferentes sons. En primeiro lugar, todos/as xuntos/as interpretamos unha secuencia musical emitindo o son que corresponde  ó símbolo, por exemplo; cadrado=palma, cruz=chasquido, z=silencio, triángulo=mans en rodillas; O=sonido coa boca, etc.

Os sons son emitidos por diferentes partes do noso corpo, o que nos permite traballar a coordinación óculo-manual, a atención e o ritmo.

Na segunda parte, cada neno/a tiña unha tarxeta cunha secuencia de símbolos e a través dela tiñan que crear pequenos fragmentos rítmicos; un xeito sinxelo de facer música.

Como os venres os adicamos ó Batedor de Linguas, fusionamos esta actividade co traballo das diferentes partes do corpo en inglés  a través da canción: “Head, shoulders, knees and toes”.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>