Mongolia

Da man do avó Curro, chegounos información de Mongolia.

Aprendemos que o mongoles eran un pobo nómada de Asia, baixo o reinado de Gengis Khan.

A través de imaxes vimos como eran as súas casas, “yurtas” (tenda de campaña), coñecemos a arpa de boca e o violín de dúas cordas e enterámonos de que tiñan o yak como animal doméstico.Vimos como era a súa bandeira e cómo de chamativo era o seu traxe tradicional.

Todas estas cousas serán recollidas no caderno de bitácora para que quede constancia de todo o que o avó Curro nos ensina, e que poidan observar as diferencias que existen coa nosa cultura.

Como o que máis lles chamou á atención foi o seu traxe tradicional, quedou plasmado nun mural da aula,e ensináronllo orgullosos ós nenos e nenas que non se quedan no segundo turno, ó tempo que lle explican todo o aprendido.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>