Vemos o son

Hoxe vimos algo  que críamos invisible: as ondas do son!

Con só un bol, papel film e boliñas de porexpan, fabricamos un artiluxio que nos axudará a ver o movemento do son.

Cubrimos o bol con papel film moi tenso, poñemos as boliñas encima e, tapando a boca, falamos nun ton grave ó máis achegado ás bolas posible e…éstas comezan a moverse soas!!

¿Por qué? O son transmítese por ondas sonoras que fan cambios de presión no aire e chocan co film provocando que suba e baixe moi rápidamente, e con él, as boliñas de porexpan que son moi lixeiras.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>