Viaxe a África

O último lugar que visitou o avó Curro foi África. Este viaxe deunos pé a facer moitas cousas, pois é un continente moi rico en culturas.

Practicamos os ritmos africanos cun djembé que o mesmo avó nos achegou desde África; foi unha orixinal actividade  que nos permitiu a cada un tocar e improvisar ritmos.

Creamos un cadro de sombras con animais africanos para traballar as cores do solpor (amarelo, laranxa e vermello).

Fixemos brazaletes de vistosas cores con rolos de papel hixiénico baleiros.

E rematamos as viaxes deste aventureiro ca elaboración de instrumentos; démoslle a escoller ó grupo un instrumento para crear entre  todos e todas con materiais de refugallo, elexiron, por unanimidade, a guitarra, por ser a máis sinxela e coñecida por todos, de ahí que creásemos dous modelos diferentes. Tamén fixemos un Digeridoo australiano xigante entre todos/as.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>