Creatividade e dramatización

Violeta Bolboreta anímanos esta semana a levar a cabo xogos de creatividade e dramatización, de ahí que puxeramos en práctica o xogo do “Obxecto máxico” no que a partires dun obxecto cotiá tiñamos que darlle diferentes e aloucadas utilidades, canto máis alleas á realidade, mellor. Con este xogo pretendemos que os nenos e nenas se relaxasen e perdesen o medo a dicir o que pensan, sen reparos a equivocarse, mentres disfrutamos rindo todos/as xuntos/as.

Seguindo as instruccións de Violeta,  tamén levamos a cabo un xogo de dramatización no que tiñan que por en práctica a súa creatividade para representar por parellas, pequenos grupos, etc. diferentes situacións, sen poder falar, só expresándonos co corpo.

O que pretendemos con estos xogos é traballar e mellorar a capacidade expresiva e comunicativa, mentres fomentamos a súa creatividade; ó tempo que se desenvolve a empatía e a capacidade de traballar en equipo.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>