Día internacional da muller

Esta semana, con motivo, da celebración do “Día Internacional da Muller” traballamos a coeducación, a igualdade e a non discriminación por razón do xénero.

Cos máis pequenos/as, centrámonos na lectura de contos non sexistas, que se fundamentan en valores como a igualdade, o respecto, a autonomía, a tolerancia, etc. Entre outros, tiramos de contos como “La princesita bombera”, “Un mundial para Paula”, “Un país extraño”, “La mitad de Juan” ou “Óliver Button no es una nena”.

A maiores, fixemos un mural, que quedou exposto na fiestra, que reflexaba frases como “Feliz vida a todas as mulleres”, “ Un día para celebrar a igualdade, e  365 días para poñela en práctica” ou “Todos os días son 8 de marzo”. Insitimos nesta última frase para conciencialos de que non só traballamos a igualdade este día oito,  senón que é algo do que temos que ser conscientes todo o ano, cada un dos 365 días restantes

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>