Category Archives: Actividades

Oca ioga

Coa idea de que o ioga sexa divertido para os/as nenos/as e o practiquen mentres xogan, fixemos un taboleiro de ioga baseándonos no xogo da oca coñecido por todos/as. A partida empeza co grupo facendo o “Saúdo ó Sol”. Cada xogador/a no seu turno ten que facer a postura de ioga que lle corresponda no seu recadro. A explicación de cada casilla deixamos que

Saber Máis


Mesturamos a luz das cores

Desta vez tocou experimentar coa cor. Fixemos un círculo dividido en oito partes, colorada cada unha dunha cor. Pasamos un cordón por dous pequenos buratos feitos no medio do círculo, facémolo xirar e tiramos do cordón. Mentres o círculo está quieto vense todas as cores, pero ó xiralo moi rápido, só vemos a mezcla da luz das cores.


Mongolia

Da man do avó Curro, chegounos información de Mongolia. Aprendemos que o mongoles eran un pobo nómada de Asia, baixo o reinado de Gengis Khan. A través de imaxes vimos como eran as súas casas, “yurtas” (tenda de campaña), coñecemos a arpa de boca e o violín de dúas cordas e enterámonos de que tiñan o yak como animal doméstico.Vimos como era a súa

Saber Máis


Interpreto ritmos co meu corpo

Da man de Breixo, hoxe traballamos a percusión corporal a través de figuras que representan diferentes sons. En primeiro lugar, todos/as xuntos/as interpretamos unha secuencia musical emitindo o son que corresponde  ó símbolo, por exemplo; cadrado=palma, cruz=chasquido, z=silencio, triángulo=mans en rodillas; O=sonido coa boca, etc. Os sons son emitidos por diferentes partes do noso corpo, o que nos permite traballar a coordinación óculo-manual, a

Saber Máis


Un barco de burbullas

Como vén sendo habitual cada mércores, toca experimento. Nesta ocasión elaboramos un barco de burbullas. Cunha botella de plástico, unha palliña, bicarbonato e vinagre, conseguimos construir un barco que se move na auga. Metemos o bicarbonato envolto en papel dentro dunha botella a cal lle fixemos un pequeno burato para meter unha palliña, vertemos o vinagre e tapamos a botella. Cando o papel se

Saber Máis


Cloe e Cleo, os pais da familia

Os martes veñen a visitarnos Cloe e Cleo, os proxenitores da familia, que nos traen a música clásica. Fusionamos esta actividade coa realización dunha sesión de ioga a través do conto “ACHTRECK el pequeño robot celebra Halloween” Deste xeito, aprendemos a sentir o noso corpo, descubrir tensións escondidas e relaxar o corpo, dun xeito diferente, xunto a Zombix o zombi, as pantasmas, os vampiros,

Saber Máis


Unha familia moi musical

Como xa sabedes, neste primeiro trimestre, os encargados de presentarnos as actividades serán unha familia cuxa vida xira ó redor da música. Os nomes dos diferentes membros foron elixidos polos nenos e nenas do servizo. Os luns visítanos o avó Curro, un viaxeiro polo mundo na busca de sons novos e tradicionais, instrumentos musicais e estilos internacionais. O primeiro país que nos presenta o

Saber Máis


Educación vial con Marcial

Este martes no Conciliatardes tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial: Marcial, Policía Local en Vilagarcía. Marcial veu para darnos unhas nocións básicas de Educación Vial e ensinarnos o coche patrulla, pero sobre todo quixo incidir nunha cousa, que a el lle pareceu básico antes de empezar, e é que achegar a figura da policía desde a perspectiva da convivencia e o

Saber Máis


Semáforo de froitas

Non deixando atrás a temática de Educación Vial, levamos a cabo dúas actividades ben diferentes. En primeiro lugar, e para poñer a proba os coñecementos adquiridos sobre a temática, fixemos un tres en raia, para o que cada equipo, se quería mover  ficha, tiña que contestar correctamente a unha pregunta que se lle formulaba. Comprobamos  así, como en realidade, interiorizaron as competencias destinadas a

Saber Máis


A forza contra incendios

Como xa estaba anunciado, esta semana fomos de visita ó parque de bombeiros. Alí, despois das presentacións, explicáronnos en qué consistía o seu traballo, como se tiñan que vestir cada vez que soaba a alama de emerxencias (tivemos a oportunidade de probar o seu casco e a máscara) amosáronnos como é a súa “casa”, fixemos exercicio no seu ximnasio para poñernos en forma, e

Saber Máis